O noso lar.
Xunta directiva
Equipa tecnico.
Vindeiras competicions.
G-0
G-1
G-2
Memorial Cris Cardama
Clasificacions
G-O
G-1
G-2
Campionato Galego Alevin
Campionato Galego Alevin
Memorial Cris Cardama
Concentración Cervo
Benidorm
Presentación club
Santiago
Padṛn Zonal G-2
Novas
Xogadores
Resultados
Normativas.
Ligazons
Clubs Galegos.
Clubs da fora.
Mixtura.

16/04/07.- Mal comenzo do play-offs, onde perdemos 9-16, na nosa cancha contra o CN Pontevedra, agora termos que da-lo todo no partido de volta o 21 deste mes na piscina do noso rival e intentar remontar o resultado adverso.


24/03/07.- O vindeiro 1 de Abril disputaremos na nosa piscina, enfrentaremosnos ao CNMONFORTE, onde de vencer remataremos a clasificación na 1ª posición.


Na testa da clasificacion

Victoria por 16 - 11 do CNPadron ó CWPabellon Ourense, co que nos ponhemos como líderes do grupo B a falta dunha xornada por disputar, que a faremos contra o CNMonforte na piscina municipal de Padron o 1 de abril.


Clasificación

Despois das cinco xornadas disputadas, ocupamos a 1ª posicion. Ollar [58 KB]


01/03/07.- O vindeiro 17 de marzo desprazaremonos á Coruña pra disputar un "torneo" contra a Asociacion Coruñesa de Waterpolo e o recente Club Natacion Avilés, na súa seccion de waterpolo (creado recentemente.


18/02/2007.- Victoria merecida do CNPadron ante a Asociacion Coruñesa de Waterpolo por 20 - 9. Destacar o bo xogo do equipo padrones durante practicamente todo o partido coa gran actuacion do porteiro David Sixto, que partido tras partido vaise vendo a súa progresión e do que non dubidamos que chegue a ser un gran porteiro. Po-la parte goleadora, destacar o bo xogo do boia Hector Tarrio con 7 tantos como máximo goleador do partido. Agora a seguir adestrando para recibir o dia 11 de marzo ó Club Waterpolo Pabellon de Ourense, contra os que se lle quitamos unha victoria poñeremosnos como líderes do noso grupo. ¡ Noraboa a todo-los xogadores !.


14/02/07.- O vindeiro partido,que corresponderá á cuarta xornada de liga galega absoluta, xogaremolo na "nosa piscina" contra a Asociacion Coruñesa de Waterpolo o vindeiro domingo dia 28 defebreiro ás 18:00, no que trataremos de buscar a nosa segunda victoria da tempada ligueira e seguir invictos no campionato.


19/01/07.- O vindeiro partido, na nosa piscina sera ó domingo dia 28 ás 18:00 horas correspondente ó partido de copa aprazado da fase preliminar contra o Clube Waterpolo Santiago.


Torneo de Navidad.

20/12/06.- O equipo de waterpolo do CNPadron trasladarase á cidade da Coruña este sabado dia 23 para disputar o Torneo de Navidad organizado pola Asociacion Coruñesa de Waterpolo.


19/12/2006.- Actualizado no apartado Normativas, o calendario de Waterpolo. Actualizado no apartado resultados, os resultados e clasificación a dia de hoxe.


17/12/2006.- O sabado pasado conseguimos a primeira victoria ó ganharlhe por 2 - 20 ó CNMonforte na súa propia "casa". Destacar o bo xogo do equipo padrones a partir do segundo cuarto e sobre todo o acadado no último cuarto cun parcial de 0 - 8.


COPA GALIZA

16/12/2006- Tivo lugar o sorteo da COPA DE GALIZA de waterpolo para ésta tempada 06/07 os cruces ficaron da seguinte maneira:

CLUB NATACIÓN CORUÑA-WATERPOLO MONFORTE

WATERPOLO SANTIAGO-WATERPOLO PADRON

MARIÑA FERROL-ASOCIACIÓN CORUÑESA DE WATERPOLO

WATERPOLO PONTEVEDRA-PABELLON DE OURENSE. As eliminatorias serán a partido único. destas 8 equipas sairán os 4 que disputarán as semifinais e a final de próximo dia 27 de Xaneiro de 2007, nos temos que enfretarnos a un gran rival ao que non llo imos a por doado.


16/12/2006 - O partido amistoso, que se vai xogar maña venres as 22 horas , na nosa piscina , finalmente sera contra waterpolo Santiago, e non contra a Asociacion Coruñesa de Waterpolo.


11/12/06- este venres (dia 15) temos partido amistoso contra a Asociacion Coruñesa de Waterpolo;O sabado 16 imos a Monforte a xogar o partido aprazado de liga ; O vindeiro dia 23 de dezembro imos xogar o torneo de navidad que organiza a Asociacion Coruñesa de Waterpolo en Coruña na piscina do clube San Amaro.


07/12/06- É de " ben nacidos ser agradecidos" , por iso agradecemos ao autor do foro waterpologaliza, que despois do comentário nesta paxina sobre o idioma dese foro, o mudase , polo menos as enquisas do foro, dende eiqui non temos nada en contra do outro idioma co-oficial do estado, pero coidamos que po-lo menos si esta en castelan tamen deberia estar no noso idioma, sendo un foro sobre o waterpolo galego. Graziñas Xurxo


O partido aprazado contra o Monforte , xogarase o vindeiro dia 16 de dezembro na piscina municipal de Monforte, xogándose o partido de volta (que realmente é o que se tinha que xogar alá) na casa.


Foro moi interesante sobre o waterpolo, ainda que votamos de menos, que sendo sobre o waterpolo galego non estea tamen no noso idioma. www.waterpologalicia-foro.tk


Inicio | Contacto | Webmaster